LITVI 2010 é un encontro internacional sobre literatura de viaxes que, dentro da programación do Xacobeo 2010 e co patrocinio da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta, se celebrará en Santiago de Compostela desde o 20 ao 27 de xuño.

Trátase dunha grande oportunidade para crear en Galicia un foro internacional permanente no que dar acougo a un xénero que goza dunha gran recepción.

Este proxecto único, singular e sen réplica en ningún outro lugar do mundo, abre a súa primeira edición coincidindo co Xacobeo 2010 e co Ano do Libro e da Lectura.

LITVI 2010 é un acontecemento cultural dirixido ao gran público consumidor de manuais para realizar viaxes, libros ou guías para coñecer lugares; dedica espazo ao público máis literario, que goza coa narrativa centrada nas viaxes, xa sexan en forma de novela ou de descrición; e programa encontros divulgativos e debates sobre os autores, editores e xestores deste tipo de literaturas.

Para dar respostas a eses públicos heteroxéneos, LITVI 2010 conta cunha programación diversa e de calidade.

  • Suso de Toro (Santiago de Compostela, 1956)
  • Soledad Puértolas (Zaragoza, 1947)
  • Sérgio Luís de Carvalho (Lisboa, 1955)
  • Paco Nadal (Murcia, 1960)
  • Luisa Castro (Foz, 1966)
  • Julio Llamazares (Vegamián, León, 1955)
  • Jordi Lloréns Estapé (Granollers)
  • Javier Reverte (Madrid, 1944)
  • César Antonio Molina (A Coruña, 1952)
  • Fernando Martínez Laínez (Barcelona, 1941)

En el marco de:

  • 2010 año de lectura

Patrocinadores:

  • Iberia
  • Aguas de Mondariz

Colaboradores:

  • Concello de Santiago
  • Caixanova
  • Fundación Caixa Galicia

Organiza:

  • Trevisani